O Celta disputará a final da XIX Copa xuvenil de Campións após golear ao Villareal

Balaídos acolle este sábado a final do campionato de fútbol xuvenil máis importante do Estado. Os xuvenís do Celta enfrontaranse ao Sevilla FC

 

Celta xuvenil

Celta ou Sevilla. Un destes dous equipos (que o sábado se enfrontan en Balaídos ás catro da tarde) vai ser quen leve para a casa a XIX Copa de Campións Xuvenil División de Honor. É a final dun torneo que se realiza desde o 5 de maio e no que tomaron parte FC Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Athletic Club de Bilbao, Sevilla FC, Villarreal e UD Las Palmas.

O Celta chega a esta cita após derrotar ao Villareal por catro goles a un. Unha vitoria que atinxíu coa alineación de  Yago, Pablo, Samu (Migui, min.89), David Costas, Goldar (Alberto Rey, min.69), Casas, Fernán (Jordan, min.12), Borja Fernández, Thaylor (Berto, min.75), Yelko Pino (Varela, min.93) e Santi Mina .

Primeira vez na Galiza

Este campionato é un dos máis importantes de fútbol base, realízase por ver primeira na Galiza, e, segundo a entidade celeste, “un novo refrendo para a política de canteira” do club vigués.

Comentarios