O CD Lugo colle folgos goleando o Xerez para unha recta final de temporada do máis exixente

Airam, autor de tres dos catro tantos dos lugueses, foi o protagonista dun encontro que supón a 13ª vitoria do CD Lugo nesta tempada. A recta final preséntase complicada: enfrontamentos cos cinco primeiros clasificados.

Celebración do CD Lugo diante do At. Balears

Catro a cero. O Xerez non foi quen de lle tusir a un CD Lugo que,con esta vitoria, suma 13 partidos gañados nesta tempada en Segunda (fronte a 1 perdidos e 7 empatados). E xa está de 11º na táboa, garantindo a permanencia. Algo que, ao comezo da competición, non moitos auguraban. Porén, a equipa de Lugo opta polo realismo. Teñen 46 puntos, e sitúan a permanencia en 50. “Unha vez que atinxamos eses cincuenta puntos si que estaremos salvados”, reflexiona Manu, capitán do clube.

O CD gañou de forma incontestábel, sendo Airam o protagonista, autor dos tres catro goles lugueses. Foi un encontrono que o equipo do MIño non deu opción aos andaluces. Moi diferente a aquel encontro de outubro de 2012 nos que os de Xerez gañaron,e con tres xogadores expulsados, ao CD Lugo por un a cero.

Unha recta final con citas contra os líderes de Segunda

Nos seus últimos catro encontros, o Lugo sumou tres vitorias (Xerez, Rácing e Murcia) e un empate (Numancia). Foron dez puntos que serviron para que os lugueses toquen coas súas mans a permanencia.

O vindeiro encontro será co Elche, o líder de Segunda. E por diante ten citas co Alcorcón (segundo na táboa), Girona (quinto), Vilareal (cuarto), Barcelona B (noveno) e Almería (terceiro). Así pois, un final de tempada do máis complicado.

Comentarios