Rodrigo Germade e Óscar Carrera

Novos billetes a Río 2016 para piragüistas galegos

O equipo de K4 do que forman parte os galegos Rodrigo Gemade e Óscar Carrera vén de facerse co pasaporte para os Xogos Olímpicos de Río 2016 despois de ficar na sexta praza do Mundial.

[Imaxe: RFEP] K4
photo_camera K4

Galiza posibelmente contará con máis representantes nos Xogos Olímpicos de Río 2016. Tras conseguir onte o billete a piragüista de Cangas Teresa Portela, o labor de Rodrigo Germade (Ría de Aldán) e Óscar Carrera (Kayak Tudense), garantiu a presenza dun equipo de K4 en Río. A piragua na que competían os galegos quedou de sexta no Mundial de Milán.

Será a Federación Española de Piragüismo quen decida que deportistas compiten no K4, aínda que todo apunta a que os galegos formarán parte do equipo que loitará en Río por unha medalla.

Teresa Portela, bronce no Mundial

Pola súa banda, Teresa Portela fíxose este domingo coa medalla de bronce na final do Mundial de K1 200, nunha carreira na que se impuxo á favorita, Lisa Carrington (Nova Zelanda). Con esta, xa son 13 as medallas da piragüista de Cangas nuns Mundiais.

Comentarios