A nova derrota do Lugo provoca a destitución do seu adestrador, Javi López

Os lucenses perderon na casa fronte ao Cádiz (1-2).

lugo cadiz
photo_camera Imaxe: CD Lugo

O CD Lugo anunciou de madrugada e a través dun comunicado a destitución do adestrador, Javi López, nunha decisión adoptada apenas horas despois de que os lucenses sumasen unha nova derrota, desta volta na casa e perante o Cádiz (1-2).


O Cádiz impúxose nos últimos minutos, remontando un partido que empezaron perdendo. Tres puntos que lles serven para saír da zona de descenso e sumar a súa segunda vitoria da tempada após 10 partidos sen gañar.


O CD Lugo comezou gañando, grazas a un gol de penalti do capitán Carlos Pita aos 11 minutos. Mais non foi quen de aproveitar a vantaxe, sete minutos despois empataban os adaluces. Os gaditanos levaron a batura na maior parte do partido, no que os lucenses non chegaron a estar nunca cómodos. Houbo algúns apupos aos locais por parte da súa afección, descontenta coa imaxe da súa equipa.

Ficha técnica:

Lugo (1): Juan Carlos; Campabadal, Miguel Vieira, Josete, Kravets; Seoane, Pita; Iriome, Sergio Gil (Aburjania, m.20), Lazo (Cristian Herrera, m.59); e Dongou (Escriche, m.74).

Cádiz (2): Cifuentes; Rober Correa, Sergio Sánchez, Marcos Mauro, Brian Oliván; Jon Ander, Edu Ramos; Aketxe (Perea, m.73), Álex Fernández (Salvi Sánchez, m.89), Jairo; e Manu Vallejo.

Goles: 1-0, m.11: Carlos Pita, de penalti. 1-1, m.18: Vallejo. 1-2, m.86: Jairo.

Comentarios