Noia, Parrulo, Outeiro de Rei e Lugo continúan vivos na Copa Galiza

O trofeo nacional de fútbol sala xa ten semifinalistas.
Hélder, do Parrulo Ferrol (Foto: PF).
photo_camera Hélder, do Parrulo Ferrol (Foto: PF).

A Copa Galiza de fútbol sala xa ten semifinalistas e houbo algunha sorpresa. O Noia Portus Apostoli FS cumpriu cos prognósticos na súa visita a Pazos de Borbén. 1-8 foi o resultado final dun partido que se realizou nun pavillón cheo para animar ao equipo local. Porén, os de Noia non deron oportunidades coa excepción dun gol do Pazos á media hora de encontro. 

No Pavillón de Deportes de Lugo, pola súa parte, o Burela FS non foi quen de aturar a presión do Lugo FS que, nun encontro cheo de tensión, conseguiu levarse a vitoria por 2-1. 

Mellor sorte tivo o Parrulo Ferrol na cancha do Leis Pontevedra. Os dous equipos fixeron múltiples rotacións durante todo o partido, dando minutos a todos os seus xogadores convocados. Ao final, os ferroláns conseguiron o pasaporte para as semifinais tras impoñerse cun resultado categórico: 0-4. 

O Santa Isabel Outeiro de Rei, pola súa parte, saiu vitorioso do seu encontro contra o SD Xove, líder destacado da Terceira División. O marcador rematou cun 4-2 que deixou fóra aos da Mariña e incorporou aos deste concello da comarca de Lugo nas semifinais xunto ao Noia, Parrulo e Lugo

Haberá que agardar agora polas semifinais, o vindeiro 29 de marzo, que reunirán por un lado ao Noia co Parrulo, en Ferrol, e pola outra ao Outeiro de Rei co Lugo. A final será o Día das Letras Galegas, 17 de maio. 

Recepción en Burela

A festa do balonmán feminino  continúa en Burela. O Concello recibiu onte ao equipo do Burela FS con motivo de ser campioas, un ano máis, da Supercopa de España de Futsal Feminino 2023.

É a quinta vez consecutiva que o equipo laranxa gaña este título e, outro ano máis, o club anunciou  unha "superfesta" esta fin de semana despois do partido contra o Leganés.

Comentarios