O Celta coñece os seus rivais na Europe League

No primeiro partido da era post-Lucas, o Depor tira tallada da súa solidez defensiva e empata no Villamarín

Talvez pecou de conformismo a equipa de Garitano que se limitou a oferecer unha leición de solvencia defensiva. Polo visto no Villamarín (0-0 perante o Betis) o novo futbolista franquicia do Dépor, após a marcha de Lucas ao Arsenal, non é un xogador, senón dous: a dupla Sidnei e Albentosa.

Depor-Betis
photo_camera Un lance do xogo

O Dépor abusou dos balóns longos ao punta, sen moita elaboración no centro do campo, o que sen dúbida responde a que a equipa está en plena transición, este sábado era o primeiro partido da era post-Lucas Pérez, e certos automatismos continúan a funcionar. Mais o romanés Florin Andone ten condicións diferentes ás do dianteiro de Monelos e a táctica non rendeu froitos. Andone é máis un finalizador do que un punta que poda rachar por velocidade a zara rival.

A impresión que deu o xogo é que Gaizka Garitano, o treinador vasco do Dépor, apostou no seguro, en tempos de tribulación non facer mudanza, que prescribía o seu compatriota, o fundador da compañía de Jesús. E apostar no seguro neste Dépor é pór as fichas nos números de Sidnei e Albentonsa. Estiveron soberbios no traballo de achique. Até trece corners botou o Betis. En van. No xogo aéreo na área coruñesa só existiron Sidnei e Albentosa.

Apostar no seguro neste Dépor é pór as fichas nos números de Sidnei e Arbentonsa

E así, como que non quere a cousa, o Dépor cazou o seu primeiro empate fóra de casa e até puido ser máis se Borja Valle, dianteiro de refresco, acerta cunha clarísima oportunidade de gol no tempo de desconto.

En defintiva, o Dépor xogou a non fallar, e obtivo un punto, mais a sensación que deita o xogo é que se callar, se tivese sido algo máis ambicioiso, a equipa galega, superior tecnicamente aos locais, teríase feito coa vitoria.

Real Betis: Adán; Piccini (Dani Ceballos, m.83), Mandi, Pezzella, Durmisi; Petros, Fabián (Musonda, m.66), Felipe Gutiérrez (Cejudo, m.76); Joaquín, Sanabria e Rubén Castro.

Deportivo: Lux; Juanfran, Albentosa, Sidnei, Navarro; Guilherme dos Santos (Borges, m.63), Mosquera; Emre Colak, Fayçal Fajr, Bruno Gama (Luisinho, m.78); Florin Andone (Borja Valle, m.88).

Árbitro: Carlos Clos Gómez (Comité Aragonés). Amonestou os deportivistas Juanfran (m.65) e Mosquera (m.92).

O grupo do Celta na Europe League

Mentres tanto, o Celta xa coñece os seus rivais na Europe League. O sorteo realizado este sexta feira emparellou a equipa de Berizzo co Ajax de Amsterdam, o Standard de Liieja e o Panathinaikos.

De volta na liga, a equipa viguesa visitará este serán (20.15) o Santiago Bernabéu para defrontar un Real Madrid en que o galego Lucas Vázquez apunta como titular.

Comentarios