AUMENTA A POPULARIDADE DO FúTBOL FEMININO, MAIS CONTINúA LONXE A IGUALDADE

O mundial da visibilización

A ex seleccionadora nacional galega de fútbol feminino Pilar Neira enceta esta quinta feira unha serie de colaboracións sobre o mundial que se está a disputar no Canadá.

Mundial futebol feminino
photo_camera [Foto: web da FIFA]

Seis cidades canadianas (Moncton, Montreal, Ottawa, Winnipeg, Edmonton y Vancouver) acollen dende o 6 de xuño a Sétima Edición do Campionato do Mundo de fútbol feminino.
 
O torneo estano disputando 24 selecions, divididas en 6 grupos, onde clasifican as dúas primeiras e as catro mellores terceiras. As tres primeiras do noso continente, dun total de oito participantes, obterán o pase para os Xogos Olímpicos de 2016.

Dende que se disputou, no ano 91, a primeira edición do campionato mundial, a popularidade do futbol feminino foi en aumento, pero pola contra, o avance cara á igualdade quedou estancado.

O até hai pouco presidente da FIFA chegou a suxerir que as mulleres xogasen con pantalóns máis cinguidos para atraer o interese, segundo el, do público masculino

Este mundial, denominado por moitos medios de comunicación como o da visibilidade, chega por vez primeira ás coleccións de álbumes e videoxogos, co obxectivo de dar unha zancada grande cara á repercusión mediática, pero ollo, segue estando cargado de discriminación sexual contra das futbolistas por parte da FIFA, onde o papel da muller nos seus órganos de dirección non existe e que contaba ata hai poucos días cun mandamás: o presidente Joseph Blatter que deixou claro o pouco respecto polas protagonistas, ao suxerirlles xogar con pantalóns mais cinguidos para atraer o interese, segundo el, do público masculino

As 24 seleccións clasificadas tivéronse que submeter a disputar o campionato sobre céspede artificial, (máis abrasivo), onde o tempo de recuperación é mais longo, sumándolle a iso o risco de lesións mais elevado (Nin sequera aceptaron que a final se xogase sobre herba natural).

Segundo Joseph Blatter, este piso é o futuro do fútbol, algo contraditorio cando os mundiais de Rusia 2018 e Qatar 2022, os teñen asinados para disputarense en herba natural.

O máis surrealista é ver, que co inicio deste mundial, aparece una normativa que obriga as xogadoras a superar unha proba de xénero

Pero o máis surrealista é ver, que co inicio deste mundial, aparece una normativa que obriga as xogadoras a superar unha proba de xénero, é dicir, que para poder participar no Mundial de Canadá terán que demostrar que son mulleres.

Como referente negativo, temos a surcoreanaPark Eun-sun, que mide 1,83 metros e ten unha gran complexión muscular. A futbolista, tivo que someterse a esta proba, por unha denuncia efectuada no seu país. Tras pasar o test, Park Eun-sun admitiu sentirse humillada por verse submetida a unha humillación mediáica e bochornosa.

Comentarios