sábado 24/07/21
Caderno de Verán

Mulleres olímpicas: A evolución do papel da muller no deporte olímpico

Este mes desenvólvense os Xogos Olímpicos, polo que cómpre recordar o moito que loitaron as mulleres por conseguir unha presenza igualitaria nestes Xogos. Hoxe en día a participación feminina representa o 49% do total, pero hai 113 anos, nas olimpíadas de 1908, só participaran 37 mulleres.
ATLETISMO: Campeonato del Mundo Absoluto al Aire Libre. Estadio Internacional Khalifa,  Doha (Qatar) 27-09-2019 al 06-10-2019.
Triple salto mujeres calificacion: Ana PELETEIRO.  
FOTO/PHOTO: J. A. MIGUELEZ.
Ana Peleteiro

Dentro de 10 días, o 23 de xullo de 2021, comezan os Xogos Olímpicos de Toquio, un ano despois do previsto. A consecuencia das restricións debidas á Covid-19, as olimpíadas tiveron que se aprazar un ano, dificultando a situación de moitos e moitas deportistas que tiveron que manter a súa forma física nunhas condicións moi difíciles durante o confinamento. A pandemia chegou de maneira tan inesperada que agora algún que outro participante ten que convivir con tatuaxes algo confusas, ben o saberá o atleta paraguaio Deryls Alaya que levará para sempre na súa perna Toquio 2020.

Desta vez, os Xogos Olímpicos non só serán especiais pola longa espera que supuxeron, senón tamén porque esta competición fai 125 anos de historia. Porén, estes xogos levan existindo desde 776 a.C., ano no que se realizaron por primeira vez na cidade grega de Olimpia, é en 1896 cando comezan os Xogos Olímpicos da Era Moderna nun lugar a case 300 quilómetros de onde se orixinaran, na capital grega de Atenas. Tanto na antiga Olimpia como na Grecia de finais do século XIX, aínda que pasaran 2.672 anos polo medio, a presenza da muller en calquera contexto social seguía a ser case inexistente. Neses Xogos, só os homes contaban coa posibilidade de participar. Nunca unha muller conseguiu a coroa de oliveira que se lles entregaba aos vencedores na antiga Grecia nin as primeiras medallas dos xogos modernos.

Nunca unha muller conseguiu a coroa de oliveira que se lles entregaba aos vencedores na antiga Grecia nin as primeiras medallas dos primeiros 

Non foi até o 1900, nos segundos xogos despois da consolidación dos Xogos Olímpicos da Era Moderna, decorridos en París, cando lles foi permitido ás mulleres deportistas participar nas competicións. Nesa edición participaron 22 mulleres dun total de 997 atletas nas modalidades de tenis, vela, croquet, hípica e golf, aínda que só as dúas primeiras era integramente femininas; as demais continuaban a ser mixtas. Foi nesa edición cando unha muller, a británica Charlotte Cooper, conseguiu o ouro na modalidade de tenis por primeira vez na historia dos Xogos Olímpicos. Con todo, Pierre de Coubertin, o presidente do Comité Olímpico Internacional (COI), manifestouse totalmente en contra da participación feminina nos Xogos, ao igual que moitos outros personaxes recoñecidos da época, que puñan en dúbida o interese das competicións femininas para as persoas espectadoras. 

Se ben os xogos de París de 1900 resultaron ser un evento especialmente importante para a reivindicación da presenza da muller no deporte, hai quen pensa que foron os de 1908, decorridos en Londres dúas edicións posteriores aos franceses, os que deben ser considerados os Xogos das mulleres, debido ao incremento da participación feminina, que chegou até un total de 37 mulleres atletas, que se presentaron no primeiro desfile de apertura da historia dos Xogos Olímpicos o 13 de xullo de 1908, hai exactamente 113 anos. Nesa edición, foron dúas mulleres as que gañaron nunha modalidade nova neses Xogos, a de patinaxe artístico.

Ao longo do tempo, esta situación foi cambiando. Como en calquera outro ámbito da sociedade, a muller foi loitando por abrirse paso entre os estereotipos sexistas e a discriminación de xénero até conseguir chegar a unha situación máis igualitaria. Aínda que quede moito para alcanzar a igualdade real entre homes e mulleres na nosa sociedade, é innegábel o aumento da presenza feminina en disciplinas tradicionalmente consideradas masculinas como o deporte. O claro exemplo disto é a filosofía dos Xogos Olímpicos de Toquio deste ano 2021, coñecidos xa como os Xogos da paridade, dado que por primeira vez terá que haber polo menos unha muller e un home en cada delegación, segundo anunciou o Comité Olímpico Internacional. Ademais, segundo datos do mesmo, o 49% das persoas participantes nos xogos serán mulleres, converténdose así as olimpíadas deste ano nas primeiras da historia con equilibrio de xénero. Tamén os paralímpicos de Toquio destacarán pola paridade de xéneros e baterán o récord de participación feminina, con máis dun 40% de mulleres deportistas, 100 máis que na edición anterior.

No que respecta á Galiza, son varias as mulleres que participarán nos Xogos Olímpicos de Toquio. Unha delas, Susana Rodríguez, galardoada en numerosas ocasións na modalidade de tríatlon adaptado, é licenciada en medicina e fisioterapia. Rodríguez compaxina o deporte co seu traballo no Hospital Universitario da cidade de Compostela e representará o Estado español en atletismo e tríatlon. Outra muller vinculada a Galiza clasificada é a judoka María Bernabeu, nada en Salamanca pero residente no noso país. 

Un deporte con participación feminina galega, novidade nesta edición dos Xogos Olímpicos, é o skateboarding-parque, modalidade que defenderá Julia Benedetti, deportista coruñesa de só 16 anos. Tamén participará nas olimpíadas xaponesas a regatista galega Tamara Echegoyen xunto coa mallorquina Paula Barceló. Estes son os terceiros Xogos Olímpicos nos que participa Echegoyen, quen xa alcanzou o ouro en Londres no ano 2012 con Sofía Toro. 

Finalmente, as deportistas máis relevantes na listaxe de galegas participantes nos Xogos Olímpicos de Toquio 

comentarios