As mulleres emproan na Liga Galega de Traiñeiras

A competición feminina pasa de tres a cinco participantes, un incremento que amosa o bo momento do remo feminino en Galiza. 

cabo traiñeira feminina
photo_camera A traiñeira feminina de Cabo de Cruz

Haberá, una no máis, competición feminina na Liga Galega de Traiñeiras (LGT) e haberáa con máis participantes ca nunca. Cinco traiñeiras competirán esta tempada nesta categoría, un número importante se temos en conta que os mellores rexistros de anos anteriores eran de 3 embarcacións. Cabo de Cruz, Chapela, Mecos, Salgado-Perillo e A Cabana-Ferrol van ser as tripulacións que compitan desde o 17 de xuño e até o 27 de agosto por erguer a bandeira de campioas. No caso de A Cabana-Ferrol, ademais, hai que ter en conta que este ano a traiñeira masculina non sairá ao mar.

Na categoría A da LGT competirán 11 traiñeiras: Samertolameu, A Pobra, Coruxo, Castropol, Bueu, Mecos, Chapela, Amegrove, Vilaxoán, Salgado-Perillo e Rianxo. Na categoría B, Vila de Cangas, Mugardos, Virxe da Guía, Esteirana, Muros e Cedeira. A tempada de traiñeiras en Galiza comeza o 17 de xuño no Grove, onde decorrerán regatas da categoría A, B e feminina: e porá o ramo o 27 de agosto na Coruña co Teresa Herrera.

Comentarios