Moncho Fernández admite que "o Murcia vai ser un rival moi complicado"

O técnico compostelán confía nos seus xogadores para o encontro que terá este sábado diante do Murcia.
Moncho Fernández, na rolda de prensa en Compostela (Foto: CAB Obradoiro).
photo_camera Moncho Fernández, na rolda de prensa en Compostela. (Foto: CAB Obradoiro)

O Monbus Obradoiro regresa esta fin de semana á Caldeira para vivir un novo encontro de liga ante a súa afección. Desta vez será contra o UCAM Murcia este sábado (18 horas).

"Espérome un Murcia que xoga moitísimas posesións, que é moi rápido e que nos vai a exixir estar moi ben no balance defensivo”, comezaba admitindo o adestrador compostelán.

Para Fernández, o rival “tamén é moi bo no rebote en ataque e niso tamén teremos que estar moi ben para controlar esas segundas opcións e poder desenvolver o noso xogo”. Diante desta perspectiva, o técnico resume asegurando que “vai ser un rival moi complicado”. 

Ao adestrador do Obradoiro preocúpalle “a suma das individualidades, que son moitas e boas, máis tamén como é o seu estilo de xogo porque non só xeran das accións individuais, senón tamén do xogo sen balón, do contraataque”. 

Mellorar o Obradoiro

Preguntado por se un aspecto para mellorar do equipo é o de tentar gastar máis faltas en momentos puntuais dos partidos, Fernández destacou que "hai catro faltas por cuarto que non penalizan con tiros libres. Queixábame disto, por exemplo, na última acción ante Breogán onde facemos a falta no momento do tiro, cando a podiamos gastar antes”. 

Sobre a falta de acerto do equipo nos partidos, o técnico destacou que "en tempos de crise, no aspecto ofensivo, é tan importante saber cambiar e atopar aqueles camiños que che axuden a mellorar, así como manter aquilo que funciona”.

Por iso “se es capaz de levar o balón a un dos teus mellores tiradores e falla, non o tes que cambiar porque ten calidade para metela".

Comentarios