Michel Salgado e Fran adestrarán a 'Irmandiña' na súa volta aos campos de fútbol, este 20 de maio, en Riazor

Os ex-celtista e deportivista adesntrarán a selección galega, que volve competir este 20 de maio, contra Venezuela e en Riazor.

[Imaxe: Moiceleste] Selección galega
photo_camera [Imaxe: Moiceleste] Selección galega

Un das Neves, no sur de Pontevedra, e outro de Palmeira (Ribeira), na beira norte da Ría de Arousa. Michel Salgado e Fran González, dous futbolistas bandeira para celtismo e deportivismo e que se unen para representar Galiza. Mbos os dous van ser os treinadores da selección galega, que volve competir este 20 de maio, contra Venezuela e en Riazor.

Rafael Louzán, presidente da Federación galega de fútbol, agracedeceu os presidentes de Celta e Dépor a súa “gran disposición” para facilitar este encontro. Mais a selección non será, nin moito menos, algo que só atinxe a estas dúas equipas, senón que atinxirá seguro a máis clubes de fútbol galego á hora da implicación na súa conformación.

"Os dous están encantados e orgullosos", afirmou Rafael Louzán, presidente da Federación galega de fúbol

Louzán adiantou que Celta e Deportivo viaxarán este verán a América para xogar un derbi galego nun dos principais territorios da diáspora galega. Explicou que ese amigábel está “practicamente pechado”, aínda que non quixo concretar onde se celebraría o partido.

A Federación Venezolana de Fútbol confirmou que viaxará a Europa para xogar fronte a Galiza como parte da súa preparación para a Copa América Cententario, na que teñen depositadas moitas esperanzas, logo de ser semifinalistas na edición de 2011. Este ano a competición dispútase en Estados Unidos, e Venezuela quedou encadrada no grupo C con México, Uruguay e Jamaica.


 

Comentarios