Messi: pagar 24 millóns de euros ou cadea

O delito fiscal do que se acusa ao astro arxentino implica penas de entre un e seis anos de prisión ou unha multa que cuadriplica a cantidade defraudada

A querela da Fiscalía de Barcelona contra Messi por defraudar 4,1 millóns de euros abre unha serie de posíbeis sancións e castigos para o xogador do Barça. Unha é a prisión, aínda que esta opción semella descartada. As penas varían entre un e seis anos de cadea.

Tamén está a multa, que podería rondar os 24 millóns de euros. Non lle quita de enriba a responsabilidade penal, mais si que a atenúa

A Fiscalía de Barcelona interpuxo unha querela contra o futbolista do Barça Lionel Messi e o se pai por defraudar presuntamente máis de catro millóns de euros á Axencia Tributaria entre os exercicios 2007 e 2009 e correspondentes aos seus dereitos de imaxe.

En base a esta acusación, a estratexia tecida consistiría en simular a cesión dos dereitos de imaxe a sociedades instrumentais radicadas en paraísos fiscais (Belice, por exemplo) e, de forma paralela, formalizar contratos de licencia, axencia ou prestación de servizos con outras ubicadas en xurisdicións de conveniencia, como Reino Unido ou Suíza