Meira, Tirán e Cabo triunfan no I Trofeo Tecnolar de Traiñeiriñas

A competición decorreu en augas do Grove e participaron unha vintena de tripulacións

O Grove acolleu a primeira edición do Trofeo Tecnolar de Traiñeiriñas, previsto para o 1 de maio e que tivo que suspenderse daquela por mor do mal tempo, polo que se realizou no Día das letras Galegas. A competición constaba de tres categorías (feminina, masculina señor e masculina xuvenil) e en cada unha delas gañou un clube diferente.

Na feminina o primeiro posto foi para as tripulantes de Tirán, nunha regata na que a embarcación de Bueu acadou a segunda praza, completando Cabo de Cruz o podio ao cruzar a meta en terceiro posto. No remo do banco fixo da Galiza está cada vez máis asentada a presenza de mulleres (algo impensábel hai anos), aínda que moi circunscrita aínda a bateis e traiñeiriñas. Para cando o salto á traiñeira coma competición regular?. Neste punto hai que lembrar que Galiza leva varias edicións gañando a Bandeira da Kontxa (Donosti) na categoría feminina en traiñeiras, cunha tripulación procedente de diferentes clubes galegos.

A respeito da categoría masculina, no trofeo realizado en augas mecas, Meira foi vencedora no grupo senior e Cabo de Cruz no de xuvenís. Na primeira delas, o segundo posto foi para Moaña e o terceiro para a tripulación de Chapela. Na xuvenil, e tras os gañadores de Cabo, ficaron Tirán (segundo posto) e os locais de Amegrove (terceiros).

Comentarios