Medalla de ouro para Galiza, da man do equipo de vela

As "Xiquitas" conseguírono: o equipo formado polas galegas Támara Echegoyen e Sofía Soto, e a asturiana Ángela Pumariega, impúxose hoxe ao australiano na quinta e última manga da final da Match Race-Elliot 6 nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e, cun 3-2 global, proclamouse campión olímpico.

 

A quinta manga foi a do desempate, logo dunha rifada carreira: volveu ser moi semellante á cuarta, coas "Xiquitas" por sotavento, mais con máis vantaxe: controlaron ben no primeiro tramo de cinguida e chegaron á boia da primeira marca con cinco segundos.

A empopada volveu ser decisiva e Australia gañoulle o terreo ás súas adversarias nunha igualdade extrema até que penalizaron, e o equipo que ten a Támara Echegoyen como patroa volveu controlar, alén de se aproveitaren, tamén, de que as súas rivais engancharon un cabo na proa.

Así se chegou á última empopada con todo a favor para que as galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, xunto coa asturiana Ángela Pumariega, se proclamasen campioas olímpicas na súa primeira participación nuns Xogos.

Comentarios