III MEMORIAL 'LAGAR'

Mecos imponse na primeira regata da pretemporada, que reuiu 27 traiñeiras

'A Mequiña' impúxose en augas grovenses ás embarcacións de Tirán, que finalizou segunda, e Tirán 'B', que entrou de terceira.

photo_camera Imaxe: LGT

As augas do Grove acollen unha das principais regatas da pretemporada de traiñeiras de Galiza, o 'Memorial Lagar', trofeo que leva o nome de Miguel Fernández Lores, remeiro prematuramente falecido e que competiu nas tripulacións de Mecos e Astillero (Cantabria). A cita, que decorre sempre a piques de finalizar o ano, xuntou nesta ocasión 27 traiñeiras procedentes de diferentes portos galegos.

Mecos foi a vencedora, cun tempo de 20' 06'' 89, tomando así o relevo de Mugardos, o barco que gañara o memorial en 2014. Os grovenses impuxéronse na casa, sacando case tres segundos de diferenza a Tirán, que entrou segunda, e 13 segundos sobre Tirán 'B', que foi terceira. Os de Ares foron cuartos e Chapela finalizou en quinta posición. 

Comentarios