Martorell, Valdepeñas e Xaén serán os rivais dos galegos na Copa do Rei de fútbol sala

Os equipos galegos do Noia, Burela e O Parrulo Ferrol xa coñecen os seus rivais para a Copa do Rei de fútbol sala. A competición será os días 15 e 16 de novembro.
Lluc, capitán do Noia (Foto: Manu Lorenzo).
photo_camera Lluc, capitán do Noia (Foto: Manu Lorenzo).

Esta terza feira tivo lugar no salón Luís Aragonés da Cidade do Fútbol das Rozas, en Madrid, o sorteo de todos os emparellamentos referentes á cuarta eliminatoria da Copa do Rei de Fútbol Sala, nos que xa entran os equipos da Primeira Federación Futsal, coa excepción do FC Barcelona e Mallorca Palma Futsal, que participan na UEFA Futsal Champions League. No bombo estaban tres clubs galegos: o Noia Portus Apostoli, o Pescados Rubén Burela e O Parrulo Ferrol

Emparellamentos a partido único

O sorteo resolveu que o Noia, ao estar na máxima categoría estatal, sexa o único galego en ter que desprazarse ao xogar co Sala 5 Martorell FS en Catalunya. O equipo catalán milita na Segunda División, na que ocupa a quinta praza na súa tempada de regreso á categoría de prata con dez puntos.

O Pescados Rubén Burela recibirá na Mariña ao Viña Albali Valdepeñas. O equipo de Castela-A Mancha, pola súa parte, vén de ser derrotado na última xornada na súa casa polo Noia Portus Apostoli, a formación rebelación do campionato.

O Parrulo Ferrol tamén xogará na casa, neste caso no Polideportivo da Malata, contra o Xaén Paraíso Interior FS.

O equipo andaluz ten experiencia nesta competición na que conseguiu un subcampionato na tempada 2018-2019. Na actualidade está oitavo na clasificación da Liga Nacional de Fútbol Sala.

A rolda da Copa do Rei será a través dun partido único e constará de tres equipos de Segunda B, once equipos de Segunda Federación Futsal e catorce de Primeira Federación Futsal.

Todos os encontros terán lugar entre os días 15 e 16 de novembro, quedando emparellados con equipos de Primeira os clubs de menor categoría, que gozarán da condición de local.

Comentarios