Maribel Lorenzo entra no 'Hall of fame' do baloncesto

A Federación recoñece o legado da viguesa
O teito do Celta foi a gran dominadora das pistas nos anos 70. (Foto: As).
photo_camera O teito do Celta foi a gran dominadora das pistas nos anos 70. (Foto: As).

O Estadio da Cartuxa, en Sevilla, acolleu na noite de onte a cerimonia de ingreso da primeira promoción do Hall of  Fame do Baloncesto Estatal, un acto que congregou máis de 200 persoas e no que o protagonismo recaeu nos 18 membros elixidos, entre os que brillaba con luz propia a galega Maribel Lorenzo, falecida en 1981.

O resto do elenco do Hall of Fame do ano 2019, que viu como a súa cerimonia de ingreso tivo que adiarse a causa da situación pandémica mundial, estivo conformado polos xogadores Juan Carlos Navarro, Amaya Valdemoro, Juan Antonio San Epifanio  'Epi', Juan Antonio Corbalán, Emiliano Rodríguez, Fernando Martín e  Arvydas Sabonis; os técnicos María Planas, Pedro  Ferrándiz e Antonio Díaz Miguel; o árbitro Miguel Ángel Betancor; o Club Esportiu Laietà, Ramón  Trecet, Anselmo López, Andrés Montes, a cidade de Alcobendas e selección española feminina campioa de Europa en 1993.

O obxectivo da entidade promotora deste Hall of Fame, a Federación Española de Baloncesto (FEB) é "tributar recoñecemento e recordo, de modo individual ou colectivo, aos e ás máis destacadas protagonistas da nosa historia".

"Das elixidas para figurar no mesmo tense en conta non só a súa achega ao desenvolvemento deportivo e organizativo do baloncesto, senón tamén o seu labor na difusión e transmisión dos valores que encarna o noso deporte, polo cal se lles debe considerar un exemplo para as presentes e as futuras xeracións", engadiron desde a entidade presidida polo ex internacional Jorge Garbajosa.

A icona do baloncesto galego do perenne '14'

O da FEB é o último recoñecemento dunha das maiores iconas do baloncesto galego.

Co seu 1,85 de altura e o perenne dorsal '14' ás costas, Maribel Lorenzo foi a gran dominadora do baloncesto Estatal durante a década dos 70, logrando manterse na elite durante 14 anos e acumular 37 internacionalidades.

Para a historia queda o seu papel fundamental nos dous primeiros títulos ligueiros do Celta, conseguidos nos anos 1977 e 1979.

Lamentabelmente, e con tan só 34 anos de idade, mentres adestraba sufriu unha trombose cerebral que acabou cos súa vida en 1981. 

Comentarios