Estes eran os primeiros Xogos Olímpicos de María de Valdés, nadadora natural de Fuengirola (Andalucía) pero con licenza galega e afincada na Coruña desde hai anos, e malia ser consciente da dificultade, non se puña teito e buscaba volver de París cun diploma baixo o brazo. De Valdés chegaba co cartel de subcampioa mundial -por centésimas- e disposta a dalo todo nas controvertidas augas do río Sena.
Máis hoxe non foi o día. A neerlandesa Sharon van Rouwendaal —que xa lle 'roubara' o ouro no Mundial a María de Valdés—, a australiana Moesha Johnson e a italiana Ginevra Taddeucci empezaron a distanciarse cedo do grupo e, de feito, foron quen acabaron subindo ao podio, por esa orde. A nadadora da Coruña non puido aguantar o ritmo do grupo de líderes e foi quedando rezagada. Terminou cruzando a meta na décimo sétima posición a uns tres minutos e medio da vencedora.