Os madrileños do Fuenlabrada piden xogar o 2 de agosto a pesar da Covid-19

A pesar de contar, segundo eles mesmos recoñecen, con 18 positivos en coronavirus na Coruña e oito en Madrid, o conxunto madrileño mostrou publicamente o seu desexo de, "se os resultados negativos dos test se manteñen", xogar o encontro da derradeira xornada da liga de Segunda División que estaba previsto que disputasen en Riazor ante o Real Club Deportivo hai xa dez días.

Pancartas apoiando o Fuenlabrada diante do Estadio Fernando Torres da localidade madrileña (Foto: Europa Press).
photo_camera Pancartas apoiando o Fuenlabrada diante do Estadio Fernando Torres da localidade madrileña (Foto: Europa Press).

Xornada de moitas novidades no 'Caso Fuenlabrada'. A pesar de contar, segundo eles mesmos recoñecen, con 18 positivos en coronavirus na Coruña e oito en Madrid, o conxunto madrileño mostrou publicamente o seu desexo de, "se os resultados negativos dos test se manteñen", xogar o encontro da derradeira xornada da liga de Segunda División que estaba previsto que disputasen en Riazor ante o Real Club Deportivo hai xa dez días.

Este movemento de ficha da entidade presidida por Jonathan Praena colleu de improvisto o mundo do fútbol, mais se algo parece ser á tónica en todo o relacionado con este 'Caso Fuenlabrada' é que, como di ese vello slogan comercial, "nada é imposíbel".

Os positivos multiplícanse na Liga de Fútbol

A situación de caos na Liga de Fútbol Profesional (LFP), cun Tebas que até hai poucas datas parecía intocábel e que en pouco tempo podería verse diante dun tribunal, é total.

Se até o de agora a Covid-19 tan só penetrara dentro das filas do Fuenlabrada, xa son cinco os equipos afectados. Primeiro informou o Real Madrid do positivo do dianteiro Mariano, e máis tarde farían o propio Sevilla, Real Zaragoza e Almería.

A diferenza do acontecido cos futbolistas do Fuenlabrada, e tal vez aleccionados sobre o que non hai que facer, os clubes trataron de operar con transparencia e anunciaron a suspensión dos adestramentos e o illamento domiciliario dos profesionais.

Deportivamente, estes novos positivos aumentan o descontrol no que está sumida a Segunda División, pois tanto Zaragoza como Almería estaban programados para disputar os play-off de ascenso. Como responderá Javier Tebas?

Comentarios