Lydia Pérez competirá nos Xogos do Mediterráneo en Loita Praia

A pontevedresa estivo no Series Mundial de Sanxenxo, unha competición con importante presenza galega.
A deportista Lydia Pérez (Foto: Nós Diario)
photo_camera A deportista Lydia Pérez (Foto: Nós Diario)

Lydia Pérez Touriño viaxará hoxe aos Xogos do Mediterráneo que se realizarán en Orán (Alxeria) para participar na proba de loita praia. A pontevedresa competiu esta fin de semana no II Ranking Series Mundial desta modalidade deportiva no areal de Silgar, en Sanxenxo, onde conseguiu a medalla de bronce.

Na súa actuación cedeu no último segundo no seu combate polo pase á final fronte á ucraína Yuliia Kremezna Malyk, que ao remate sería a campioa. Pérez quedou relegada á loita polo bronce que gañou fronte á outra representante ucraína, Olena Nikitinska

Pola súa parte, a galega Noelia Lalín Canda (Club Keltoi de Vila de Cruces) foi a gran triunfadora da representación estatal mesa competición ao conseguir a medalla de prata na categoría de +70 kg. Noelia Lalín venceu os tres combates previos á súa final, onde caeu fronte á ucraína Liudmyla Pavlovets  Tychyna, raíña desta categoría de peso.

Alén desta participación, Cora Ayude Pallas, da Escola Ayude de Santiso, deu a sorpresa da xornada ao vencer en primeira rolda á romanesa e actual campioa do mundo de loita praia, Catalina Axente. Finalmente en semifinais, Cora Ayude caeu diante a Noelia Lalín (2ª clasificada) e non puido conseguir o bronce contra a campioa Pavlovets.

Pablo García cae en semifinais na masculina

Na proba masculina, o galego Pablo García clasificouse para semifinais na fase de grupos e caeu en semifinais contra o español Mohammad Motaghinia, que finalmente foi subcampión da categoría de -80 kg, relegando a Pablo García á Loita polo bronce.

Pablo García non puido superar no bronce ao Xeorxiano Nika  Kentchadze. Na clasificación final por equipos, a selección española feminina quedou segunda clasificada e a masculina terceira. 

Comentarios