Luis Enrique traerá ao Celta o equipo técnico da súa etapa na Roma

Roberto Moreno e Rafael Pol, segundo adestrador e preparador físico, serán os técnicos axudantes do asturiano

Luis Enrique
photo_camera Luis Enrique

Roberto Moreno e Rafael Pol, segundo adestrador e preparador físico, serán os técnicos axudantes do asturiano no Celta de Vigo. Ambos os dous son persoas de confianza de Luis Enrique co que traballaron na AS Roma.

Luis Enrique fichou polo Celta por dúas temporadas, no que constitúe unha clara aposta do clube celeste nun técnico que sempre aloumiñou e potenciou a canteira. O asturiano desembarcará nos vindeiros días en Vigo para ser presentado oficialmente.


 

Comentarios