Luis Enrique: "Identifícome plenamente coa filosofía do Celta"

O novo adestrador celeste foi presentado oficialmente. O asturiano fixo unha aposta pola canteira, mais advertiu: “terán que se gañar o posto”

Luis Enrique, Celta

Luis Enrique desembarcou en Galiza esta segunda feira para coller o leme do Celta de Vigo, club do que dixo se sentir identificado coa súa filosofía. O asturiano chegou co seu equipo de confianza (co que traballou durante a súa estadía en Italia para dirixir a Roma). E nas súas primeiras declaracións após ser presentado oficialmente como adestrador xa indicou que quere encaixar na liña de traballo desenvolvida polo Celta nestes anos. “Estou encantado de estar en Vigo. Identifícome plenamente coa filosofía do club”.

O asturiano manifestou que "O futuro pasa pola canteira. En poucos anos o 90% do equipo serán canteiráns". Mais tamén advertiu que os postos vai haber que gañalos,a base de esforzo e compromiso. E sobre a política de fichaxes,optou pola cautela: "Non imos dar pistas de fichaxes, porque suben o prezo”.

"O equipo dará o máximo para que a comuñón coa afección continúe adiante", dixo Luis Enrique. O Celta retornará ao traballo o 8 de Xullo, seis semanas antes doinicio da temporada, cun posíbel stage en Irlanda.


 

Comentarios