Fillos de Breogán gaña o 'All Galiza'

O conxunto herculino proclamouse campión en Lalín após superar Estrela Vermelha.
O 2021 foi un ano máximo para o conxunto coruñés, que gañou Liga e Copa. (Foto: Fillos de Breogán).
photo_camera O 2021 foi un ano máximo para o conxunto coruñés, que gañou Liga e Copa. (Foto: Fillos de Breogán).

O Fillos de Breogán fechou unha tempada máxica, na que se proclamaron campións de liga por vez primeira, engadindo o 'All Galiza' á súa vitrina de trofeos. 

Esta é unha competición ao máis puro estilo irlandés que se disputou baixo o abrasador sol de Lalín e na que tamén participaron Keltoi, Auriense e Estrela Vermelha.

Estes dous últimos equipos disputaron a primeira semifinal, da que saíu vitoriosa a escuadra compostelá.

No outro lado da chave, Fillos de Breogán e Keltoi reeditaron a final da Liga, e a pesar de que se adiantaron os olívicos 0-2, o resultado ao descanso era dun contundente 16-2 favorábel aos coruñeses, que pasaron á final sen moitos problemas.

Alí volveron manifestar a súa superioridade, e nun partido moi táctico venceron o Estrela por 13-4.

Comentarios