(1-2)

O Lugo sofre un castigo excesivo fronte ao Málaga

Os de Javi López estreáronse na Liga perante un dos grandes da segunda división, o recentemente descendido Málaga. Fixérono nun partido emocionante que os lugueses botaron a perder en tan só cinco minutos.

[Imaxe: CD Lugo]
photo_camera [Imaxe: CD Lugo]

Nun abrir e fechar de ollos, o Lugo viu como o Málaga remontaba o partido nos compases finais. Os homes de Javi López encetaron o encontro cunha grande intensidade e presión, sen se achicaren ante un dos grandes de segunda. De feito, aos seis minutos estreaban o marcador cun gol de Cristian Herrera.

O primeiro tempo caracterizouse polo control do tempo por parte dos locais e polas mellores ocasións por parte dos galegos, que non permitiron brillar o Málaga. Os de Muñiz non lograron apertar até o último tramo da primeira parte, en que buscaron balóns por alto para Harper. Con boa sensación, deixaba o Lugo o terreo de xogo pasado o minuto 45.

Malia que o Málaga estivo a piques de se poñer por diante cun cabezazo de Adrián González, o Lugo xestionaba correctamente a súa vantaxe e apertaba a saída. Conforme pasaba o tempo, os locais seguían dominando e só concedían no balón parado e no xogo aéreo até que chegaron os cinco minutos finais, que botaron por terra todo o traballo feito.

O Málaga logrou igualar por medio de Juankar nunha xogada accidentada. Nunha segunda xogada, N’Diaye anotaba coa cabeza cun golpe certeiro que supuña unha condena excesiva para o Lugo, que na seguinte xornada se enfrontará ao Granada.

Lugo: Juan Carlos; Serge Leuko, Bernardo, José Carlos, Kravets; Iriome, Seoane, Carlos Pita (Sergio Gil, min.87), Juan Muñiz (Campillo, min.58); Cristian Herrera e Jona (Aburjania, min.67).

Málaga: Munir; Cifu, Luis Hernández, Pau Torres, Federico Rica; Alfred N'Diaye, Recio; Harper, Adrián González (Gustavo Blanco, min.60), Ontiveros (Juankar, min.46); e Renato Santos (Hicham, min.71).

Goles: 1-0, min.6: Cristian Herrera. 1-1, min.86: Juankar. 1-2, min.89: N'Diaye.

Árbitro: Areces Franco, do comité asturiano. Amoestou Pita (min.41), do Lugo e N'Diaye (min.68), do Málaga.

Incidencias: Partido disputado no Anxo Carro ante 3.290 espectadores.

Comentarios