O Lugo recoñece que ten que crear perigo e mellorar no aspecto ofensivo

Os de Íñigo Vélez recibirán ao Tenerife no Ángel Carro.
Miguel Loureiro na rolda de prensa (Foto: CD Lugo).
photo_camera Miguel Loureiro na rolda de prensa (Foto: CD Lugo).

O Lugo ten cada vez menos posibilidades de continuar na segunda categoría. Porén, o equipo segue a transmitir que a loita pola permanencia continúa e o seguinte chanzo será o CD Tenerife esta sexta feira (18.30 horas). Onte comparecía en rolda de prensa Miguel Loureiro para repasar a semana de traballo do equipo e avaliar a súa situación. 

O lateral lucense admitíu que lle gustaría que “a nivel colectivo, as cousas fosen doutra maneira” e sinalou que unha das zonas onde pode mellorar estaría na dianteira. "No tema ofensivo hai que crear máis perigo. É o que nos falta, pór ao rival en situacións máis comprometidas para facer gol", afirmou.

O Lugo tentará aproveitar o efecto campo para sacar algo positivo do encontro.

O xogador galego recoñeceu que "o equipo en casa está mellor, a xente está a axudarnos moito coas últimas entradas, e traballando así, estamos máis perto de conseguir a vitoria que buscamos". Loureiro  disculpouse pola clasificación actual na táboa que sinala aos de Íñigo Vélez como fechacancelas da categoría.

"Temos que agradecerlles todo, sentimos moito a situación", asegurou.

Un Tenerife "complicado"

Sobre o rival, Loureiro lembra que non se agardaba "a posición na que está”. Segue pensando que é "un equipo con xogadores de moito potencial, feito para estar máis arriba. Teñen necesidade, veñen cun gran persoal, e seguro que será un partido complicado".

Loureiro asegurou que o Lugo loitará até o último partido, mesmo cando "pode custar, ás veces, levantar o ánimo, mais seguimos crendo. A meta é sumar puntos, só pensamos nese obxectivo". Por este motivo prometeu que o equipo "deixará todo" no campo e competirá "até o final" para dedicarlles un triunfo (á afección) que merecen polo seu apoio".

Comentarios