Un Lugo a piques de dar a sorpresa en Málaga

Empezou adiantándose no marcador e cando os malagueños crían asegurada a remontada o Lugo estivo a piques de empatar (2-1).

malaga lugo

Xogou ben o CD Lugo en Málaga fronte a un equipo que está en plena loita polo ascenso e con ese obxectivo iniciou a Liga 1 2 3 e reforzou o seu equipo a inicios de tempada. O gol aos 8 minutos de empezar o partido desbaratou os plans do Málaga e provocou un chute de ánimo no Lugo, que non quixo xogar a recuar para asegurar o gol e apostou en facer fronte ao partido.

Os lucenses combinaron fortaleza en defensa con rapidez no ataque da man de Escriche. O Málaga, nervioso, semellaba perder a intensidade coa que saíra nos primeiros minutos. Quixo o CD Lugo ir a por máis mais faltoulle claridade na área malagueña.

Aproveitou esa falla de claridade o equipo andaluz para empatar ao pouco de comezar a segunda metade. Fronte a un Lugo con 10 (expulsado o autor do gol lucense), marcou o segundo. Mais nos últimos compases do encontro estiveron os albivermellos s piques de empatar.

Ficha técnica:

Málaga (2): Munir; Cifu, Lombán, Pau Torres, Ricca; Renato Santos (Seleznov, m. 67), N'Diaye, Keidi Bare, Adrián (Pacheco, m. 67); Harper e Gustavo Blanco Leschuk (Juanpi, m. 76).

Lugo (1): Juan Carlos; Gerard Valentín (Herrera, m. 66), Campabadal, Viera, Josete Malagón; Pita, Azeez, Seoane (Sergio Gil, m. 82), Lazo; Iriome e Escriche (Campillo, m. 78).

Goles: 0-1, M. 8: Josete Malagón. 1-1, M. 50: Adrián. 2-1, M. 79: Harper.

Árbitro: Moreno Aragón. Mostrou cartón amarelo aos malaguistas Keidi Bare (m. 34) e Lombán (m. 37), e ao futbolista do Lugo Azeez (m. 63), y vermello a Malagón (m. 70).

Comentarios