Lugo, Ourense e Compostela comezan a traballar a pretemporada de fútbol galego

Ademais do Celta e o Depor, as tres equipas galegas conseguiron a temporada pasada os correspondentes ascensos. Agora toca traballar para continuarmos celebrando bos resultados diante de rivais de máis nivel.
O CD Ourense adestra na pretemporada 2012/2013
photo_camera O CD Ourense adestra na pretemporada 2012/2013

O CD Ourense, ascendido a Segunda División B, comezou a preparar a nova  onte no Estadio do Couto. Continúa Luisito, o adestrador que conseguiu o ascenso, e como novidades conta coas incorporacións de Juan Martínez (procedente do R.Ferrol) e Toni Alvarez, Antón, Alex, Iker Hurtado e Gustavo (procedentes do Pabellón C.F.). De proba adestran cos vermellos os xogadores franceses Thomas Piaulet Siena e Allan Merel, e o arxentino Alán Emmanuel. Aínda está por confirmar a continuidade de xogadores importantes como Adrián Quintairos e Borja Yebra.

Non están confirmados todos os partidos amistosos mais xa sabemos que haberá encontros co Barbadás (19 de agosto) e o  Estoril Praia (31 de xullo), campión da segunda división portuguesa. Fálase tamén do Verín, o Celta e o Deportivo, xunto ao Valladolid que este ano realiza a pretemporada en Mondariz.

O Compos preséntase o 19
A S.D. Compostela comezará os adestramentos da pretemporada en terceira división esta quinta feira, 19 de xullo, a partir das 19 horas en San Lázaro. Ese día será de portas abertas a siareiras e siareiros que queiran coñecer a nova equipa. Capitaneada por Anxo Casalderrey, a Esedé presenta a 11 caras novas: Diego Franqueira, David Nogueira, Tachi, Jimmy, Borja Facal, Mariño, Rendo, Joselu, Adrián Laureda, Uru e Diego Peláez.

O primeiro compromiso deportivo do Compostela será o vindeiro 28 de xullo na disputa da Copa Deputación da Coruña fronte ao Victoria. Ademais, participará no III Torneo Triangular de Pontevea o domingo 29 de xullo. O 5 de agosto estará presente no torneo internacional Prébuild Cop (Braga), no que tamén participa o Celta.

O Lugo xogará contra o Depor (1 de agosto) e o Celta (8 de agosto) esta pretemporada


O C.D. Lugo confirma a pretemporada
Os do Lugo xa confirmaron as equipas que terán diante nesta pretemporada para preparar a súa presenza na Segunda división. Os partidos serán diante do Endesa As Pontes (As Pontes, 23 de xullo), o Lemos (Monforte de Lemos, 26 de xullo), o Vilalbés (A Pastoriza, 29 de xullo), Deportivo da Coruña (Lugo, 1 de agosto), a Ponferradina (Luarca, 4 de agosto), Celta de Vigo (Lugo, 8 de agosto) e o Cerceda (Cerceda, 11 de agosto).

Imaxe: cdourense.net

Comentarios