3-2

O Lugo derrota o Rayo Majadahonda e afástase do descenso

Para o Club Deportivo Lugo, os tres puntos sumados este sábado no Anxo Carro saben a vitoria das grandes. Ao derrotar por tres a dous o Rayo Majadahonda, afástase dos postos de descenso e, ademais, deixa boas sensacións sobre a herba.
 

lugo - rayo majadahonda
photo_camera Imaxe dos xogadores do Lugo durante o seu partido do 26 de xaneiro de 2019 contra o Rayo Majadahonda. Foto: CD Lugo

O Lugo saltou ao campo con autoridade. “Intensidade e precisión”, afirmaban algúns cronistas, e varias ocasións de gol. A primeira, no minuto 15 e a cargo de Lazo. Foi este quen se encargou de canalizar o primeiro gol dos lugueses: despois de deixar atrás dous xogadores do Rayo, pasáballe o balón a Juan Muñiz e este en pase atrás, a Toni Martínez, que non dubidou.

Así, os albivermellos erguéronse en dominadores absolutos. Lazo foi quen meteu o segundo gol dos galegos, xusto ao recoller un pase de Juan Muñiz cun disparo axustado ao pao. O partido chegou ao descanso cun 2-0 no marcador e nidia sensación de que o encontro estaba sentenciado.

Na reanudación do partido, o Rayo recurtou distancia no minuto 47. A xogada contivo certa polémica: Aitor Ruibal rematou un centro de Aitor García e houbo quen viu un brazo. O árbitro non. Ao pouco, Manu del Moral asinaba de cabeza o empate 2-2. Mais os de Lugo reaccionaron.

Pita facíase co esférico despois de Juan Muñiz lanzase unha falta. Foi o tanto que deu os tres tantos ao CD Lugo.

Ficha técnica

3 CD Lugo: Juan Carlos; Campabadal, Vieira, Pita, José Carlos, Juan Muñiz (Sergio Gil, min.80); Iriome, Seoane, Azeez, Lazo (Tete Morente, min.64); e Toni Martínez (Escriche, min.71).

2 Rayo Majadahonda: Basilio; Iza Carcelén, Luso (Manu del Moral, min.64), Verdés, Rafa, Benito; Verza (Fede Varela, min.46), Enzo Zidane (Andújar, min.86), Óscar Valentín; Aitor Ruibal e Aitor García.

Goles: 1-0, min.24: Toni Martínez. 2-0, min.43: Lazo. 2-1, min.47: Aitor Ruibal. 2-2, min.69: Manu del Moral. 3-2, min.74: Pita.

Árbitro: De la Fuente Ramos. Mostrou cartón amarelo a Pita (min.21), José Carlos (min.39), Juan Muñiz (min.79) do CD Lugo; e a Verdes (min.27), Enzo (min.65), Rafa (min.73), do Rayo Majadahonda.

Comentarios