O Lugo deixa escapar 2 puntos na casa contra o Eibar

Lucenses e guipuzcoanos empataron a ceros nun encontro que supuxo o regreso de Rennela (ovacionado polo Anxo Carro) após unha longa lesión.

Lugo e Eibar empataron a ceros no Anxo Carro nun encontro no que dúas grandes paradas de Dani Mallo evitaron que a cousa fose a peor. O CD Lugo ten 26 puntos e está (á espera de que finalice esta xornada) só 2 puntos por riba de caer no foxo onde están os equipos que combaten por non non baixar.

A boa nova foi o retorno de Rennela, o dianteiro que volveu ao terreo de xogo tras unha longa lesión e que foi ovacionado pola afección. O encontro non estivo exento de xogadas polémicas, como unha man non pitada dentro do área no minuto 67 dun defensor do Eibar e pola que os lucenses reclamaban penalti.

O CD Lugo viaxará a vindeira semana a Miranda para tentar ante o Mirandés (18º na clasificación) recuperar o espíritu do inicio de temporada.

Comentarios