O Lugo cae pola mínima contra o Majadahonda (1-0)

CD Lugo fútbol

Un escenario de luxo, o Wanda Metropolitano, non deu sorte ao Lugo, que caeu fronte aos locais, Rayo Majadahonda, nun mal partido dos lucenses, que nó nos minutos finais do encontro deron sensación de perigo e foron a polo empate.

O Majadahonda saíu desde un principio coas ideas claras, apostando no control do balón e construíndo o ataque a través das bandas. Enfronte, un CD Lugo que por veces semellaba paralizado, atenazado. Con este escenario, que chegase o gol foi cuestión de tempo: aconteceu cando se ía camiño da media hora de xogo.

O CD Lugo dispuxo de oportunidades illadas mais o seu xogo non callaba. A falla de acerto do Majadahonda permitiu que a diferenza se mantivese nun único gol. Nos minutos finais do partido os lucenses mesmo foron polo empate, tendo dúas oportunidades para iso (nunha falta e un córner) que non se materializaron.

Ficha:

Rayo Majadahonda (1): Basilio; Galán, Verdés, Rafa, Morillas; Enzo (Jorge, min.88), Óscar, Iza, Fede Varela; Aitor García (Schiappacasse, min.60) e Ruibal (Toni Martínez, min.68).

Lugo (0): Juan Carlos; Leuko, Bernardo, José Carlos, Luis Ruiz; Iriome, Pita, Seoane, Campillo (Lazo, min.73); Dongou (Cristian Herrera, min.58) e Jona (Escriche, min.58).

Gol: 1-0, min.26: Aitor García.

Árbitro: Pulido Santana (Comité de Las Palmas). Amoestou Bernardo (min.22), Verdés (min.29), Rafa (min.44), José Carlos (min.55) e Basilio (min.74).

Comentarios