O Lugo cae fronte ao Reus

Un partido vibrante no que os catalán se impuxeron por 2 goles a 1.

CD Lugo IMaxe-La Liga
photo_camera Imaxe: La Liga

O Reus e o Lugo chegaban á cita sabendo que moitas miradas centrábanse neles por mor do excelente inicio de tempada de ambas as dúas equipas. Dous conxuntos correosos para os adversarios e que apostan no control e o bo fútbol. O duelo, nesta ocasión, foi para o Reus, que se impuxo aos lucenses (2-1). Foi un encontro vibrante, no que a primeira metade foi para os cataláns, que xa ían gañando dous a cero e aínda non se cumpiran 30 minutos de partido.

O Reus procuraba dificultar a saída do CD Lugo desde a súa área, querendo evitar que o CD Lugo construíse. Ambos os dous querían a bola e o dominio do partido. Porén, foron os tarraconenses os que nestes primeiros 45 minutos se fixeron donos do partido, o que rubricaron con dous goles.

Na segunda metade, o CD Lugo foi gañando terreo e posesión. Fixeron a súa aposta ofensiva e foron crendo nas súas posibilidades. Foi así como chegou o gol lucense ao pouco de iniciar o segundo tempo. Luis César deu entrada a Pablo Caballero como último punta, poñendo todos os rescursos sobre a mesa para empatar o encontro. Porén, a sorte foille esquiva e finalmente o Reus ficaría cos 3 puntos.

Ficha técnica

Reus (2): Edgar Badia; Alberto Benito, Olmo (Melli, min.52), Pichu Atienza, Ángel; Folch, Albístegui; Vaz, Carbia (Jorge, min.56), Miramón (Vitor, min.65); e Máyor.

Lugo (1): José Juan; Jordi Calavera, Dealbert, Carlos Hernández, Manu (Bryan Perea, min.40); Pita, Seoane; González, Campillo (Carmona, min.67), Pedraza (Pablo Caballero, min.72); e Joselu.

Goles: 1-0, min.24: Máyor. 2-0, min.26: Fran Carbia. 2-1, min.56: Joselu.

Árbitro: Jorge Valdés Aller (comité Castelán-leonés). Amosou cartón amarelo a Ramon Folch (min.74) e Edgar Badia (min.91) polo Reus, e a Seoane (min.2) polo CD Lugo

Comentarios