O Lugo aspira a continuar sumando, na visita a un Zaragoza en horas baixas

O Zaragoza está a pagar a síndrome da inadaptación á Segunda División. Nos tres primeiros actos do campionato só sumou 2 pontos. O Lugo aspira hoxe a cazar algo na Romareda (18 horas, La Sexta).

Lugo
photo_camera O Lugo acadou 4 pontos nos tres primeiros encontros da liga

O Lugo cobiza sumar os seus primeiros pontos como visitante nesta liga, a costa dun Zaragoza que claramente non se aclimatou aínda aos rigores da segunda división, categoría en que ou pelexas ou estás morto [a equipa que treina Paco Herrera só conseguiu facer un gol nos primeiros 270 minutos do campionato].

Na equipa de Quique Setién entrará como titular o bigoleador da última xornada, o franco-italiano Vincenzo Rennella, en tanto que todo apunta a que non formará no once titular Fran Sandaza, mancado nun nocello.

Tampouco foron convocados nen Víctor Díaz nen Ernesto Gómez nen a última fichaxe dos lucenses, Juanjo.

Os onces iniciais previstos son:

Zaragoza: Leo Franco; David Cortés, Álvaro, Paredes, Abraham; Pagialunga, Cidoncha ou José Mari; Víctor Rodríguez, Barkero, Montañés; e Roger.

Lugo: José Juan; De Coz, Pavón, Víctor Marco, Manu; Pita, Seoane, Pablo Álvarez, Pablo Sánchez, Iván Pérez; e Enzo Rennella.

Árbitro: Lesma López (comité madrileño).

Comentarios