Lugo acolle a primeira xornada da Liga Gallaecia de fútbol gaélico

Co San Froilán como marco incomparábel, o campo municipal de Nadela será o escenario dos confrontos entre Suevia e Cascarilha, e Torques e Afiadoras. 

Logo dunha intensa pre-temporada de verán arranca a Liga Gallaecia de fútbol gaélico. Será esta fin de semana,o sábdo 5 de outubro, no campo municipal de Nadela (Lugo) con catro equipos en liza: Suevia (Compostela), Torques (Lugo), Afiadoras (Ourense) e Cascarilha (A Coruña).

O fútbol gaélico é o deporte máis popular de Irlanda e nos últimos anos tense popularizado no noso país até o punto de que “Galiza é pioneirana creación dunha disciplina mixta, onde xogan conxuntamente homes e mulleres sen distinción de xénero”, como manifestan desde Cultura do País, asociación cultural impulsora do equipo lucense desta disciplina.

Están tolos estes irlando-galegos?

“O fútbol gaélico podería considerarse unha mestura de fútbol e rugby, pois xógase en partidos de 15 contra 15 nos que se poden utilizar pes e mans, con porterías en forma de H en ambos lados. Malia a súa popularidade na illa veciña, os xogadores non poden ser profesionais e a rivalidade entre condados está sempre revestida de solidariedade e posta en valor da cultura propia”.

Lugo conta desde Abril de 2013 cunha equipa de fútbol gaélico: os Torques de Lugoslavia. Os adestramentos son abertos e desenvólvense regularmente de forma semanal no campo de fútbol de Nadela. Por alí xa se teñen achegado máis de medio cento de persoas, mulleres e homes, a experimentar un deporte que está a pisar forte.


 

Comentarios