O CD Lugo achégase máis á salvación coa vitoria diante do Racing de Santander

O Anxo Carro viviu outra xornada de loita pola permanencia en segunda división. Os xogadores de Quique Setién superaron os de Racing Santander por 3 a 2 en casa.

Lugo 3 Racing 2
photo_camera Lugo 3 - Racing 2

En Lugo afianza a permanencia na segunda división da liga estatal após se desfacer do Racing de Santander nun moi disputado xogo.

O estadio Anxo Carro foi testemuña da sede de gol dos homes de Quique Setién e da fame dunha vitoria que non foi doada até que o árbitro pitou o final do encontro. O Lugo adiantouse no marcador no minuto 16 cun gol de Óscar Díaz tras pase de Pablo Álvarez. A ledicia durou pouco e aos dez minutos empataba Quini de cabeza.

Tras o descanso, os do Lugo cercaron os xogadores de Alejandro Menéndez. Tena (min. 55) volveu adiantar a súa equipa a pase, outra vez, de Pablo Álvarez. Os cántabros responderon con varios ataques que aproveitou o Lugo para contraatacar e marcar así o terceiro no minuto 78, tanto de Iago Díaz. O Racing seguiu metido no encontro e apenas demorou dous minutos en marcar o seu segundo tanto, nunha falta directa a cargo de Borja Docal. O Lugo soubo gardar este resultado nos últimos minutos e sumar tres valiosos pontos máis en casa diante d@s seus seareir@s. Agora o CD Lugo ten 43 pontos, a once da zona de descenso.

Foto: Web do Clube

Comentarios