O Lugo acaba o ano cun punto fronte ao Sporting

Empate no Anxo Carro nun encontro intenso e con oportunidades para ambas as dúas equipas.

lugo sporting
photo_camera Imaxe: Liga 123

Empate a ceros no duelo entre lucenses e asturianos no Anxo Carro. Un punto para o CD Lugo antes do parón de Nadal e o derbi do Dépor que espera após o inicio de 2019. O CD Lugo non foi quen de dominar nin impoñerse ao Sporting mais si que dispuxo de varias oportunidades de marcar.


Empezou asustando o Sporting, cun testarazo de Babín que deu no poste da meta defendida por Juan Carlos. Respondeu o Lugo, cun disparo de Muñiz que obrigou a Mariño a empregarse a fondo. Accións que indicaban o que viña. O encontro foi discurrindo deste xeito, con intercambio de oportunidades que ían minguando a medida que avanzaba o partido cara á fin da primeira metade.

Na segunda parte, os albivermellos saíron máis enchufados e dispuxeron de 15 minutos nos que protagonizaron varias ocasións para marcar. Non acompañou a sorte. Reaccionou o Sporting reforzando o centro do campo. E empezaron a cambiar as tornas, sendo agora as oportunidades para os asturianos, como a falta desde a frontal da área lanzada por Carmona e que atallou Juan Carlos nunha gran parada.

Ficha: 

CD Lugo (0): Juan Carlos, Kravets, Josete, Vieira, Campabadal (Sergio Gil, min. 81), Seoane, Azeez, Muñiz (Campillo, min. 60), Iriome, Herrera e Escriche Dongou, (min. 71) 

Sporting de Gijón (0): Mariño, Geraldes, Peybernes, Babín, C. Cordero, Carmona, Cristian (Cofie, min. 79), Nacho Méndez, Traver (Jiménez, min. 79), Djurjevic e Blackman (P. Pérez, min. 63) 

Árbitro: Gorostegui Fernández. Amoestou Muñiz, Nacho Méndez, Babin, Herrera, Vieira, Josete

Comentarios