A Liga Nacional de Billarda suma participantes a pesar da Covid-19

Máis de 100 personas tomaron parte no torneo
Estampa da última xornada no campo de Eirís, na Coruña (Foto: LNB).
photo_camera Estampa da última xornada no campo de Eirís, na Coruña (Foto: LNB).

A Liga Nacional de Billarda regresou do parón o pasado mes de setembro, iniciando unha tempada 2020/21 totalmente condicionada ás circunstancias sanitarias, que obrigaron a aplicar un protocolo anti Covid-19 a pesar de que a billarda é un deporte que se desenvolve sen contacto entre xogadores e xogadoras, o que facilita unha práctica segura da actividade.

Neste tempo, e a pesar das restricións gobernativas e ás crecentes inclemencias metereolóxicas nunha campaña na que só se xogará en pistas no exterior a causa do protocolo, máis de 100 persoas participaron no torneo desde que volveu do parón.

Foron, concretamente, 118, das cales 56 tomaron parte na Conferencia Noroeste e 62 na Conferencia Rías Baixas. Por sexos, 86 foron homes e 32 mulleres, e tamén destaca a participación de 15 nenos e nenas menores de 15 anos.

Como a Liga Nacional de Billarda ten unha estrutura de conferencias, e cada unha ten autonomía para organizar o seu calendario de competición, os calendarios son distintos nunha e noutra, e polo de agora iniciouse competición na Conferencia Noroeste (que abrangue a zona da Coruña) e na Rías Baixas (Pontevedra e O Salnés). 

Localidades como a propia Pontevedra, Marín, Culleredo ou A Coruña xa acolleron encontros dun deporte en expansión do que a última xornada tivo lugar na Estacada de Bueu (na Conferencia Rías Baixas) e no campo de fútbol de Eirías, na Noroeste.

Alí, un dos competidores, Roi Fontán, destacou "a positiva participación de persoas que levaban moito tempo sen xogar", e considera "esperanzadora" a "implicación" da xente nova que non xogara nunca. 

Comentarios