A Liga Galega de Traiñeiras arranca o 18 de xuño no Grove unha tempada cun récord de regatas

A Liga A constará de 18 competicións, por 14 da categoría B. Ambas poñerán o ramo o 27 e 28 de agosto, na Mariña, cos 'play-offs'.

traiñeira tirán
photo_camera traiñeira tirán

A Liga galega de traiñeiras (LGT) vén completiña este ano, tanto en clubs participantes – sairán ao mar 23 embarcacións entre as 3 categorías- como en regatas, con 27 competicións oificiais. A LGT abrangue tres ligas: A, B e Feminina. Na primeira delas compiten 12 clubs, por 8 na B e tres na Feminina.

As regatas arrancan o 18 de xuño no Grove e finalizan a fin de semana do 27 e 28 de agosto en Viveiro e Ribadeo, coa desputa dos 'play-offs' de ascenso e descenso. Entre ambas as dúas datas, máis de 30 regatas de traiñeiras para gozar, incluídas as non puntuábeis (como Teresa Herrera, un clásico do remo galego).

Na Liga A compiten Meira, Amegrove, Mugardos, Ares Pobra, Coruxo, Vilaxoán, Perillo, Bueu, Mecos, Castropol e Chapela.

Na B están as traiñeiras de Rianxo, Cesantes, Vila de Cangas, Mera, A Pobra, Cabo de Cruz, Narón e A Cabana-Ferrol. Na feminina: Cabo, Chapela e San Martiño.

Comentarios