O Liceo xoga hoxe en Riazor por un posto na gran final da OK Liga

CE Noia igualou a eliminatoria en territorio catalán.
O incidente tivo lugar na pista do Voltregà. (Foto: Liceo)
photo_camera O Liceo afronta esta terza feira o quinto e decisivo partido da eliminatoria contra o Noia. (Foto: Liceo)

A OK Liga de hóckey para patíns está que arde. O Deportivo Liceo disputa esta terza feira o quinto e decisivo partido das semifinais no Pazo de Riazor a partir das 20.30 horas da tarde ante o Club Esportiu Noia cun ollo posto no que aconteza no Palau Blaugrana de Barcelona (20.15 horas), onde o todopoderoso Barça e o Reus Deportiu buscan un posto na final desde o outro ladro do cadro.

Cando todo parecía que a ruta ás semifinais sería un camiño de rosas logo de vencer nos dous primeiros partidos (6-5, 5-2), o Noia deu un golpe de efecto á eliminatoria gañando o terceiro choque por seis a cero, nun mal día dos de Juan Copa. 

Non menos doloroso foi o tropezo no cuarto partido (5-4), pois chegou a apenas uns segundos para o final.

E iso que os , os verdibrancos saíron á pista con afán dominador e concentrados ao máximo, sacando proveito de todas as súas posesións e non deixando un segundo de calma ao porteiro rival, Blai Roca, a quen superou Jordi Adroher xa no minuto 5 tras materializar un gran roubo e pase de Di Benedetto.

Moi pouco despois, o propio Mago dobrou a vantaxe tras aproveitar a directa froito dunha azul a Roc Pujadas.

Non obstante, o Noia reaccionou e recortou distancias grazas a un tanto de Adrià Ballart no minuto 25, mais un gol de Àlex Rodríguez -que volveu aumentar a distancia-, unido ás paradas de Carles Grau, facía pensar que a eliminatoria quedaría sentenciada no Olímpic de l'Ateneu.

O guión repetiuse alcanzado o ecuador do segundo tempo, esta vez con Aleix Esteller (2-3, minuto 34) e o propio Àlex rodríguez (2-4, minuto 35), momento no que, lamentabelmente, o encontro mudou radicalmente. Un penalti de Xavi Costa colocou o 3-4, Esteller empatou no 47 e, a poucos segundos para o final, Eloi Mitjans marcou o 5-4.

Comentarios