O Liceo complícase a Liga ante o Barça

A escuadra galega caeu co líder en Riazor por 3-7.
Partido moi serio dos cataláns en Riazor. (Foto: Manu Boutureira
photo_camera Partido moi serio dos cataláns en Riazor. (Foto: Manu Boutureira)

Quedan máis de catro meses para que remate a Liga, pero o Liceo-Barcelona da décimo oitava xornada do campionato era practicamente unha final... que perdeu o equipo galego por 3-7.

Chegaban ambos os conxuntos empatados a 46 puntos no máis alto da táboa clasificatoria, con tan só unha derrota nos 17 partidos anteriores, polo que cabe a posibilidade de que os cataláns non volvan pinchar e, polo tanto, o Liceo sume un novo subcampionato.

Comezou mal a cousa para os verdibrancos, que no minuto sete xa perdían por 0-2.

Unha falta de Adroher reduciu distancias no 24, pero case inmediatamente despois Pablo Álvarez devolvía os dous goles de vantaxe aos cataláns.

Logo da reanudación repetiuse o guión da primeira metade, e o Barcelona reafirmou a súa superioridade até o 3-7 final.

Comentarios