O Liceo busca a terceira vitoria na liga europea

O conxunto coruñés recibe en casa este sábado o Forte dei Marmi, o campión de Italia, logo de acadar dous triunfos no comezo da tempada continental.   .

foto-crop
photo_camera Xogadores do Liceo

.O Liceo busca un novo triunfo europeo. Ao máximo nivel. Na Liga Europea, onde comezou con bo pé e pasa agora unha proba fundamental este sábado, cando recibe no Pazo de Deportes de Riazor o campión italiano, o Forte del Marmi, nun encontro que comeza ás 19:00 horas e será retransmitido pola TVG2. .

Trátase da terceira xornada, á que os coruñeses chegan após dous triunfos, nunha posición moi favorábel. Na primeira cita, o Liceo goleou ao Herrigen alemán por 9-5 nun partido no que o capitán branquiverde, Josep Lamas, anotou catro tantos. Despois, xa a domicilio, o conxunto herculino tivo que remontar un 3-0 en contra para acabar vencendo o portugués Juventude Viana por 3-5 nesta ocasión con Jordi Bargalló como estrela, autor de tres goles. 

O  Forte dei Marmi é un dos rivais máis fortes do Grupo C no que xoga o Liceo, ao ser o campión da potente Liga italiana. Mais o toscano trátase dun equipo modesto, que conquistou o seu primeiro título o ano pasado, grazas tamén á súa impresionante afección. Pero fóra de casa perde intensidade. Probarao o Liceo. 

Comentarios