Latexa o Anxo Carro no bravo triunfo do Lugo ante o Osasuna

Un histórico como o club vasco conseguiu marcar tres tantos, pero os galegos, que pecaban de falta de acerto, meteron catro.

Moita xente no Anxo Carro, en Lugo. O equipo local que leva xornadas sen anotar, ben en defensa pero lle falta gol. Até que todo estoupa. E contra un dos rivais de maior nivel, nome e identidade de toda a categoría: Osasuna. Partido epopea, xenial, dos que demostra que o fútbol non entende de divisións. E, sobre todo, que o Lugo está aí para seguir, mesmo para alcanzar un chanzo máis.

Eléctrico

Foi estrepitoso. Anotou Nino primeiro, empatou de penalti Iago Díaz; Pavón puxo aos lugueses por diante, pero empatou Loé; Nino situou de novo por riba aos vascos, pero Manu, outravolta de penalti igualou. E Borja Gómez meteu o 4-3 e berraron as bancadas galegas. O Lugo segue sendo moi grande.

Comentarios