O lateral esquerdo Roberto Canella incórporase ao Deportivo en calidade de cedido

O Deportivo alcanzou esta mañá un acordo co Sporting de Gijón para a cesión de Roberto Canella, asturiano de 26 anos, por unha temporada. O contrato non contempla a opción de compra.


Roberto Canella é un futbolista de 26 anos, e foi internacional sub-19 (campión de Europa da categoría) e sub-21. Fernando Vázquez aposta nel para lle dar máis saída ao balón polo carril esquerdo. Ten pouco gol [apenas cazou 2 na súa episódica pasaxe pola Primeira División], mais si ten certa capacidade para pór centros perigosos na área.

O Deportivo, aliás, atou a renovación do guarda-redes arxentino Germán Lux, polas dúas próximas temporadas, e moi probabelmente vaia ceder a equipas de Segunda División os canteiráns Luís Fernández e Juan Carlos.

Comentarios