Kontxa: Cabo e Ribeira métense na quenda de honra

Primeira xornada da regata de remo máis importante.

Cabo traiñeiras remo Imaxe Maider Celada ACT
photo_camera Imaxe Maider Celada ACT

O Náutico de Ribeira marcou esta quinta feira o mellor tempo na clasificatoria para a Kontxa, a Olimpiada do Remo, superando a traiñeira de San Juan e advertindo que ten moito que dicir. Este domingo, na primeira xornada da Kontxa, foron as de San Juan s que se fixeron co triunfo, marcando seis segundos de diferenza sobre as galegas, que acabaron segundas mais entran na quenda de honra para a segunda xornada. Orio e Donostiarra completan esta quenda.

As de Ribeira, embora a fenda aberta por San Juan, non renuncian a traer para Galiza a bandeira da Kontxa, unha epopeia que o remo galego feminino coñece ben pois desde que a regata de Donostia se desputa en categoría feminina (2008) xa a conquistou en cinco ocasións.

De por parte, Cabo de Cruz callou unha moi boa regata e ficou segunda da súa quenda nunha dura pugna con Orio, o vixente campión da Kontxa. Esta primeira xornada da regata masculina foi apaixonante, con Ziérbana e Urdaibai marcando o mellor tempo nunha dura pelexa sobre as augas tempo e Hondarria tendo a terceiro mellor rexistro.

Santurtzi acabou cuarta e Cabo quinta, superando Orio e San Pedro. Mais un toque de remos entre Urdaibai e Ziérbana producido no longo de volta levou a que os xuices sancionasen Urdaibai, polo que Cabo pasa ser cuarta e entrar na quenda de honra.

Comentarios