Rio 2016

Javier Gómez Noya rompe o brazo e perderase os Xogos Olímpicos

Sufriu unha fractura do radio do brazo esquerdo ao sufrir unha caída adestrando en Lugo na tarde da cuarta feira de onte.

Javier Gómez Noya publicou esta imaxe nas redes sociais anunciando a súa lesión.
photo_camera Javier Gómez Noya publicou esta imaxe nas redes sociais anunciando a súa lesión.

Javier Gómez Noya será operado hoxe do seu brazo esquerdo, após de ter sufrido unha caída adestrando en Lugo que lle provou unha fractura na cabeza do radio. O cinco veces campión do mundo de triatlón e recén nomeado Premio Princesa de Asturias do Deporte perderase os Xogos Olímpicos de 2016. Gómez Noya perde, así, a oportunidade de conseguir o último grande título que lle falta, o ouro olímpico. Noya quedouse ás portas do ouro en Londres 12' cunha medalla de prata e buscaba resarcirse na proba da cidade carioca.

Comunicado

Gómez Noya explicou, mediante a publicación dunha imaxe nas redes sociais, o xeito no que se produxo a lesión que o aparta definitivamente dos Xogos Olímpicos: "Tiven unha caída desas que chamamos tonta, a non máis de 15 km/h coa mala fortuna de facerme dano no codo". Após da visita ao hospital, confirmouse a rotura na cabeza do radio pola que hoxe mesmo será operado. Noya deixará a súa praza a outro corredor: "Sendo realista, non hai tempo material para recuperarme totalmente e poder afrontar a competición en boas condicións polo que o máis sensato é ceder a miña praza a alguén que o poida facer mellor.

Con este anuncio, a maior candidatura galega ao ouro olímpico fica fóra dos xogos.

Comentarios