CUN TEMPO DE 8H 34MIN 27SEG

Iván Raña queda 12º no emblemático Ironman de Kona

O triatleta de Ordes quedou duodécimo no Ironman de Kona (Hawai), o máis emblemático do mundo e no que participaron case 2.200 persoas.

Ivan Raña, en Kona
photo_camera Ivan Raña, en Kona

Por terceiro ano consecutivo, Iván Raña participou no Ironman de Kona, onde atravesou a meta de 12º. O atleta de Ordes ficou afastado do grupo que encabezou a proba na transición da natación á bicicleta. Aos poucos, foi remontando esta dura proba, o xigante do tríatlon, e finalizou tempo de 8h34min27seg.

Na pasada edición, o ordense, que non tiña sorte na bicicleta, facíase coa 17ª praza malia realizar o parcial a pé máis rápido de todos os participantes. A súa estrea en Kona, en 2013, foi do máis brillante ao acabar na sexta praza.

O vencedor da presente edición do Ironman de Kona foi o alemán Jan Frodeno, campión olímpico en Beijing 2008, que entrou na meta ás 8h14min40seg.

O Ironman de Kona componse de 3,8 km de natación, 180 km de bicicleta e 4,195 -un maratón- de carreira a pé e está considerado como a meca de todos os Ironman que se celebran no planeta.


 


 

Comentarios