A Irmandiña queda terceira no Hague International Tournament

A selección galega foi convidada especial por vez primeira neste torneo dos Países Baixos. Os combinados feminino e masculino quedaron en terceiro lugar.
As xogadoras da selección galega na capital dos Países Baixos (Foto:Salitre Audiovisual).
photo_camera As xogadoras da selección galega na capital dos Países Baixos (Foto:Salitre Audiovisual).

O fútbol gáelico galego xa ten sona na Europa. As seleccións feminina e masculina da Galiza foron convidadas a participar na localidade da Haia, capital dos Países Baixos, no coñecido como Hague International Tournament.

Foi a decimoquinta edición dun dos torneos con convidados máis importantes do continente, no que habitualmente só xogan equipos das illas (principalmente irlandeses, mais ocasionalmente tamén equipos afincados no Reino Unido), que nesta ocasión contaron coa Irmandiña como convidada especial.

A viaxe forma parte do ciclo de preparación para os World Games que decorrerán en Irlanda no mes de xullo. 

Os equipos do torneo

A selección masculina quedou encadrada con Den Haag (A Haia, os anfitrións), Clontarf, (Dublín) Law Society (Dublín) e Glinsk (Galway).

A feminina xogou contra Law Society (Dublín), Den Haag (A Haia), St. Fininans (Dublín), Douglas (Cork) e Croi Ro Naofa (Dublín).

Ambos os dous combinados da Irmandiña remataron o torneo en terceira posición. Gañaron o torneo os equipos de Glinsk e Douglas.

Comentarios