A Irmandiña de fútbol gaélico rexistrou catro equipos no Mundial de Irlanda

A participación nos III GAA World Games en Derry (Irlanda). A selección prepararase na Celtic Cup e na Haia e estará presente con catro seleccións.
A Irmandiña este verán (Foto: Asociación Galega de Fútbol Gaélico).
photo_camera A Irmandiña, este verán. (Foto: Asociación Galega de Fútbol Gaélico)

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) anunciou esta segunda feira que rexistrou catro equipos para participar nos III GAA World Games en Derry (Irlanda). As escuadras participarán na categoría International nas divisións I & II que decorrerán entre o 24 e o 29 de xullo.

“Vai ser a maior aposta do gaélico galego na que agardamos o desprazamento dunha delegación composta por 60 persoas”, aseguran nun comunicado. Para preparar o evento, as seleccións disputarán dous torneos nas vindeiras datas: a Celtic Cup e o Torneo Invitacional da Haia. 

Celtic Cup e Haia

No Celtic Cup a Galiza contará co equipo feminino "intermediate" das Kilmacud Crokes, club histórico de Dublín. No cadro masculino xogarase un triangular entre os Madrid Harps, actuais campións dos Pana-europeos, os CLG Ghleann Fhinne de Donegal e a selección masculina. 

“Os de Donegal son un club con unha gran reputación no seu "county" e como particularidade, comentar que son un club que promove a lingua do seu país”, aseguran.

Desde a entidade que xestiona o fútbol gaélico federado na Galiza informan, tamén, que e esta copa será retransmitida pola TVG. 

Ao remate desta primeira participación internacional preparatoria este 2022, as seleccións viaxarán até a Haia (Países Baixos) para xogar no Torneo Invitacional da Haia na súa 15ª edición. “Neste evento está prevista a participación de 22 equipos chegadas practicamente todas partes, desde Irlanda até Reino Unido”, apuntan desde a asociación galega.

A Irmandiña xogou o pasado verán o Europeo quedando segunda no equipo feminino e caendo en semifinais no masculino. Porén, nas categorias Devolopment e Shield, a Galiza rematou con sendas vitorias. 

Comentarios