Iria Grandal e Beatriz Gómez superan a primeira fase en Londres 2012

A seguinte proba da ferrolá será o vindeiro 1 de agosto e a nadadora de Pontevedra terá que competir hoxe mesmo ás 20:55 horas.

A participación galega nestes Xogos Olímpicos de Londres comezou coa intervención feminina. O primeiro día foi a arqueira ferrolá Iria Grandal quen conseguiu un 53º posto cunha puntuación de 618 na primeira proba de tiro con arco, polo que se enfrontará na primeira proba eliminatoria á colombiana Ana María Rendón o  1 de agosto ás 15:39 horas.

Doutro lado, a nadadora pontevedresa Beatriz Gómez  pasou a semifinais despois de acadar hoxe o cuarto posto na súa serie cun tempo de 2:13.93, a 3:30 da norteamericana Caitlin Leverenz. A seguinte proba disputarase tamén hoxe ás 20:55 horas e a galega participará na serie 2.

Comentarios