Pepe Mel perfílase como o seu relevo no Dépor

Horas contadas para Garitano

Todos os indicios apontan para Pepe Mel como novo inquilino do banco deportivista. 

Gaizka Garitano
photo_camera Gaizka Garitano

Garitano non vai dirixir o Dépor a próxima quinta feira contra o Atlético de Madrid. Esa é a decisión do Consello de Administración do clube, que se reuniu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo. O cesamento non lle foi comunicado aínda ao treinador vasco. O Deportivo quer fechar primeiro o asunto do seu relevo e nestas horas negocia con Pepe Mel como primeira opción.

O perfil de Mel é o dun técnico que sabe o que é ascender (fíxoo dúas veces ao fronte do Betis) e que sabe o que é salvar unha equipa da ameaza do descenso (fíxoo na Premier co West Bromwich Albion). Gosta tamén da canteira, como o demostrou na equipa andaluza. Ten boa conexión coas bancadas e, rara avis, combina o seu traballo sobre o céspede coa súa dedicación á escrita literaria, con tres novelas, unha delas destinada ao público infantil, xa dadas ao prelo.

Comentarios