FÚTBOL

Histórica vitoria do Lugo no campo do Zaragoza

O equipo de Quique Setién derrota na Romareda a un histórico con grande potencial cun tanto de Rennella, que apunta a sensación da categoría.

Lugo
photo_camera Lugo

O Lugo fixo historia na Romareda, amosando que o crecemento do equipo que adestra Quique Setién -e mesmo do club- apunta á lonxevidade. Un dos favoritos da Segunda, o Zaragoza, todo un campión europeo que hai poucos anos aínda sumaba títulos caeu en casa ante os lugueses (0-1) que volveron mostrar nun encontro televisado a nivel estatal as virtudes que o acompañan na que está a ser a mellor etapa da súa historia.

Sen deixarse influír polo escenario ou o nome do adversario, o conxunto galego dominou grandes fases do partido, especialmente na primeira parte. Porén, sería tras o intermedio cando chegaría o tanto que lle daba os tres puntos aos xogadores de Setién -logo expulsado- que foi obra do dianteiro Rennella, que coa testa volveu confirmar as altas expectativas depositadas e incluso apunta a ser unha das figuras da categoría.

Comentarios